“Basilio Otero repite outros catro anos como presidente da FNCP”. Antón Luaces

22 Febreiro 2021

Antón Luaces. Moi poucos daba por el unha prórroga -por elección- no mandado por outros catro anos á fronte da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. Pero o burelense Basilio Otero botará unha nova lexislatura dirixindo unha entidade que agrupa a 198 dos 220 pósitos existentes na España marítmo-pesqueira. 

Catro anos máis, agora con apertura cara o labor das mulleres. Para elo, Otero propón a actuación directa, en calidade de vicepresidenta, dunha controvertida patroa maior de Vélez-Málaga: María del Carmen Navas, unha muller que vai directa, sen importarlle a quen se enfronte e manexando información moi comprometida que pode afectar a máis de un dos que teñen que ver no tinglado económico e social do sector pesqueiro de baixura español. Con ela, e tamén coma vicepresidentes da Federación Nacional, estarán con toda seguridade, o propio Basilio Otero, que será voceiro -amáis de presidente nacional da Federación- do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste; o patrón maior de Punta Umbría (Huelva), Manuel Fernández, presidente tamén da Federación Andaluza de Cofradías de Pescadores; Gabriel Jiménez, patrón maior de Agaete e presidente das confrarías de Las Palmas de Gran Canaria; Domingo Ciurana, vicepresidente maior primeiro de Gandía (Valencia), e Iván Pérez, patrón maior de Formentera. Xunto coa firme pretensión de dar voz propia ás  mulleres nunha entidade -a Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, non se distinguiu precísamente por dar o seu apoio directo ás moitas mulleres que na actualidade se integran na súa estrutura e malia a existencia de numerosas patroas maiores que se fan oir entre unha maioría de homes- Basilio Otero e os seus compañeiros de xunta nos vindeiros catro anos de lexislatura loitarán por incrementar o número de integrantes da Federación Nacional, promover a dixitalización das confrarías, mediante a aplicación dunha maior formación a todos os mariñeiros; paliar dunha ver por todas a falta de tripulantes acadando unha remuda xeracional que dea pulo ao sector, e a transmisión telemática das capturas realizadas polos barcos. Van ser catro anos duros, nos que se deben resolver outros moitos problemas que teñen que ver co reparto de capturas de atún, o reagrupamento dos pósitos, a solución aos problemas derivados da pandemia de coronavirus ou o reparto de TAC e cotas no Cantábeico Noroeste sen a prevalencia dos denominados dereitos históricos que benefician aos pescadores bascos e cántabros (estes en menor medida), mentres que prexudican aos de Asturias e Galicia.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.