Adxudicado de xeito provisional o remate do Centro Social de Carreira

25 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira aprobou a clasificación-urbanización provisional das obras para o remate do Centro Social Multiusos de Carreira e a súa urbanización exterior. A empresa que obtivo a mellor puntuación entre as sete ofertantes resultou Digalle Construcciones S.A.

Segundo se estipula no proxecto técnico elaborado polo estudio 2C Arquitectos, o que se pretende con esta obra é “proceder ao remate das instalacións, revestimentos interiores e exteriores e carpintería interior”, así como “a urbanización do entorno mediante a demolición de parte dos muros e escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis do espazo público”.

A infraestrutura, de 268 metros cadrados útiles de superficie, vai estar formada por dous volumes unidos, un dos cales consistirá nun local diáfano capaz de aloxar diferentes actividades da comunidade e o outro dará cabida a unha cafetería e aos servizos comúns.

A intervención comporta un investimento de 260.082 euros, IVE incluído.

O prazo de execución ascende a oito meses.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.