“A vida quer ser azul”. Antón Luaces

03 Febreiro 2021

Velaí a etiqueta imperante hoxendía no sector pesqueiro: Economía Azul. Atrae a atención sobre todas as actividades económicas que dependen do mar. Os diferentes sectores que integran este (pesca, biotecnoloxía acuícola e mariña, turismo, navegación e transporte marítimo, entre outros) son interdependentes porque se basean en competencias comúns e en infraestruturas compartidas (portos, redes loxísticas e distribucións eléctricas) e na distribución sustentable dos recursos minerales mariños e a biotecnoloxía azul, conforman outra xeira de ámbitos prioritarios relacionados co actualmente tan barallado crecemento azul.​Este, o Crecemento Azul, ven ser unha estratexia a longo prazo que apoia o crecemento sustentable dos sectores mariño e marítimo, recoñece a importancia dos mares e océanos como motores da economía europea polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento, e ten o seu fundamento na Estratexia Europa 2020 edificada sobre o crecemento intelixente. sustentable e integrador como xeito de superar  as deficiencias estruturais da economía europea, para mellorar a súa competitividade e produtividade e, á vez, sustentar unha economía social de mercado sostible, sendo un dos seus obxectivos o fomento da investigación e desenvolvemento económico (I+D).
España subscribe plenamente estas formulacións económicas e aposta decididamente por tal crecemento azul, e xa puxo ao dispor do sector un servizo de busca de financiamento de proxectos relacionados coa pesca e a acuicultura (sí, tamén a acuicultura), así como coa transformación e comercialización dos produtos de ambas, especialmente aqueles que teñen que ver coa tantas veces citadas sustentabillidade dos océanos  e de crecemento azul, bases das políticas europeas referentes a este sector.Pero, desgraciadamente, a Economía Azul e todas esas outras etiquetas desta cor que se outorgan ao crecemento, a enerxía azul, a acuicultura, a biotecnoloxía azul, o turismo marítimo, etc., esquecen o esencial: ao pescador e ao cambio climático que está a trasladar cada vez máis ao Norte especies que permiten -agora cada vez menos- a existenza dunha frota que en Galicia denominamos de baixura por estar a súa práctica máis ou menos perto dos portos base da devandita frota ou, cando menos, dos portos de venda das capturas (por certo, cada vez máis adicados á mariña deportiva) e que ata o de agora dependían de pesqueiras cada vez máis lonxanas dos milleiros de familias que viven das distintas artes que se utilizan precísamente grazas a esa proximidade que agora se perde porque o cambio climático leva cada vez máis ao Norte a nosa humilde xarda e, aos do norte de Europa, as súas tradicionais capturas de bacallao, arenque, etc. arriba, máis arriba. Tocante ós tripulantes, cada vez son máis os estranxeiros e menos os nacionais, polo que semella que non preocupa en demasía que non se conte maiormente con eles: xa virán de África, de Asia, de onde reclamen menos diñeiro e calen máis.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.