A Policía Local de Boiro sancionou a 20 persoas por incumprir as normas anti-COVID

15 Febreiro 2021

A Policía Local de Boiro fixo balance da actividade xerada na última semana para velar, no concello, polo cumprimento das disposicións anti-COVID ditadas polas autoridades. Segundo fixo saber, foron postas estes días 20 sancións por non terse respectado as restricións decretadas para o control da situación epidemiolóxica.

Cinco foron polo uso indebido de máscara, outras cinco por fumar na vía pública, unha por non respectar o peche perimetral, tres por non respectar o toque de queda e seis por beber na vía pública. Os axentes sinalan no seu informe que se detectaron con frecuencias xuntanzas de xente na rúa que previamente pediran bebidas para consumir.

Polo que se refire ao labor dos operarios de Protección Civil, o Concello explicou que continúan coas tarefas de limpeza e desinfección puntuais en centros de ensino e rúas con maior afluencia de xente, así como co servizo de recollida de lixo e asistencia a familias illadas con positivo derivadas dende servizos sociais.

Por outra banda, o Concello tamén lembrou que o departamento de Servizos Sociais prosegue coa coordinación das necesidades orixinadas da COVID-19, como son a derivación a Cáritas para alimentos ou tramitación das solicitudes de Tarxetas Moedeiro ou do servizo de teleasistencia.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada. A festa comezará o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.