A ARE lanza un concurso para conmemorar o Entroido dende as nosas casas

08 Febreiro 2021

O Entroido da nosa comarca segue vivo, malia a situación pola que estamos a pasar, demostrando a súa total capacidade para adaptarse aos formatos seguros de interacción e comunicación. A ARE (a Asociación Rianxeira de Empresarios) seguiu esta liña e puxo en marcha unha iniciativa para que a veciñanza poida celebrar as festas, plenamente, dende os seus fogares. Trátase dun concurso a través do cal buscarase o mellor disfrace e o prato típico máis apetitoso destas datas.

As persoas que queiran participar só terán que subir unha imaxe da devandita temática nas redes sociais Facebook ou Instagram, etiquetar a ARE na foto e poñer o cancelo (hashtag) #CovidEntroidoNaCasa.

O disfrace e o prato con máis likes gañarán 1 vale de compra de 25€ cada un, para empregar no servizo a domicilio dos restaurantes presentes na plataforma de comercio electrónico Mercarianxo. O prazo de participación será do 10 ao 17 de febreiro. O día 18 de febreiro anunciaranse as dúas persoas gañadoras. Podemos consultar na Rede as bases legais do certame.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.