Ribeira recibe unha axuda do Goberno central para avanzar na transformación tecnolóxica do seu comercio

22 Xaneiro 2021
Presentación da versión ribeirense da ferramenta Tokapp

O Ministerio de Industria e a Cámara de Comercio de España veñen de confirmar ao Concello de Ribeira a vindeira concesión dunha axuda destinada á modernización comercial do tecido produtivo local, logo da consideración como “proxecto singular” da iniciativa Ribeira, un mar de comercio, elaborada pola Concellería de Innovación Tecnolóxica en colaboración coa Concellería de Turismo e Comercio. Este proxecto vén con dúas liñas estratéxicas: unha enfocada na comercialización e mellora da competitividade e a outra na promoción e difusión do consumo local. O Concello recibirá un total de 54.360 euros.

Captura da plataforma Ribeira Store

A primeira das liñas incluirá entre outros conceptos a posta en marcha dunha imaxe corporativa para os negocios adheridos á plataforma de comercio electrónico Ribeira Store, materializada a finais de agosto no marco do Plan Reactiva Ribeira co fin de axudar a “sobrelevar os efectos da pandemia entre o tecido económico do municipio”. Tamén está previsto proporcionar formación aos comerciantes adheridos.

Tokapp

A segunda liña prevé o desenvolvemento dun sistema de mensaxería baseado en Tokapp, unha aplicación móbil que está emprazada xa en máis de 4.000 institucións con máis de 3 millóns de usuarios, e que permitirá ao Concello emitir mensaxes de interese público para todo o comercio e manter informado ao sector de todas as actualizacións e informacións relevantes.

Así mesmo, posibilitará o lanzamento dunha campaña de dinamización e promoción que integre a posta en valor do comercio local cos recursos turísticos da marca Ribeira e, por outra parte, un plan de mercadotecnia dixital (xa en marcha) orientado a mellorar a visualización de Ribeira Store no ecosistema dixital.

Para facer efectivo o outorgamento desta axuda, o Concello procederá nos próximos días a subscribir co Ministerio e a Cámara de Comercio un convenio de participación da actuación de modernización comercial no comercio ao por menor.

A concesión desta axuda foi outorgada logo de participar o Concello de Ribeira dunha convocatoria pública destinada a co-financiar a realización de proxectos singulares orientados á modernización comercial conforme ao anuncio publicado no BOE o pasado 3 de setembro de 2020.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.