O servizo de recadación de Rianxo trasládase ás antigas dependencias da Policía Local

18 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo informou os días pasados de que o servizo de recadación municipal vén de efectuar o traslado cara as antigas dependencias da Policía Local, nos baixos da Consistorio. A mudanza do servizo, en palabras do Goberno local, fai que tanto o equipo de traballadoras e traballadores municipais como a propia cidadanía gañe “en accesibilidade e proximidade ao resto dos servizos do Concello”.

Os traballos de traslado ás novas dependencias e o acondicionamento das mesmas foron tarefas de natureza sinxela que puideron ser acometidas polo persoal de obras e de servizos.

O Concello, con todo, lamentou que o cambio de localización coincidise na mesma data en que finaba un traballador de baixa, que non tivo ocasión de ver completados os traballos de mellora do servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.