Comezan as obras de renovación dos servizos e pavimentación en Outeiro

18 Xaneiro 2021

O Concello de Ribeira ven de informar o inicio das obras de renovación de servizos e pavimentación do lugar de Outeiro, na parroquia de Carreira.

O Goberno local lembra que os servizos municipais de recollida de augas e pluviais en Outeiro son antigos e rexistran avarías frecuentes. Ademais, engade, o pavimento de formigón existente atópase en mal estado e dificulta o tránsito da veciñanza. Por todo isto, o Concello renovará a pavimentación e os servizos pluviais e de saneamento.

O labor consistirá en demoler os pavimentos existentes na área de actuación e renovar as instalacións pluviais. Colocarase no centro da rúa un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado. Tamén se procederá á acometida de pluviais das vivendas existentes. No referente á pavimentación, vaise empregar un pavimento dde 15 centímetros de espesor, intercalado con empedrados de formigón recto.

A empresa encargada da realización das obras é Construccións Fermín Simal, S.L., que conta cun investimento de 53.214 euros e un período de 3 meses para rematar o traballo. A execución da obra está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...