En Ribeira o pleno do martes aprobará 15 obras para todas as parroquias

28 Xaneiro 2021

O POS abordará a humanización do primeiro tramo da Avenida Rosalia de Castro de Ribeira

A Corporación municipal de Ribeira vai celebrar o vindeiro martes 2 de febreiro un pleno extraordinario no que se abordarán entre outros puntos a aprobación do POS da Deputación Provincial da Coruña.

Este plan, segundo explica o Concello, inclúe a execución dun total de dez obras repartidas nas nove parroquias do municipio por unha contía global de 1.230.854,73 euros, a inclusión doutras cinco actuacións como POS complementario por valor de 721.467,51 euros, ademais da amortización de débeda por valor de 102.992,20 euros.

A relación de actuacións contempladas no plan (a maior parte delas parten da previa aprobación plenaria de diferentes mocións) é a seguinte:

1. Pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro (Aguiño): 133.104,94 €

2. Instalación de saneamento e abastecemento no lugar de Lombas (Palmeira): 206.774,49 €

3. Pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira (Corrubedo): 92.687,79 €

4. Instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro (Oleiros): 134.377,47 €

5. Rede de pluviais en Outeiro (Artes): 31.515,53 €

6. Pavimentación e renovación das redes de auga potable e pluviais na rúa Luis Pimentel (Aguiño): 98.489,96 €

7. Pavimentación, pluviais e saneamento na rúa da Chouza (Castiñeiras): 59.915,98 €

8. Saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións (Carreira): 154.081,94 €

9. Pavimentación da rúa Rosalía de Castro dende o cruce de Marcial del Adalid ata o cruce da rúa Irmandiños (Ribeira): 217.900,30

10. Saneamento no lugar de A Cucheriza (Olveira): 102.006,33 €

En canto ao POS complementario:

1. Pavimentación e rede de pluviais dende a igrexa parroquial de Artes ata o Museo do Gravado (Artes): 161.142,60 €

2. Ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira (Ribeira): 171.831,47 €

3. Instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de Sampedro (Palmeira): 130.919,88 €

4. Pavimentación do camiño Vilar-Vixán (Carreira): 67.808,56 €

5. Pavimentación e renovación da rede de auga potable e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro (Aguiño): 189.765,00 €

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...