En Porto do Son até 94 autónomos e microempresas beneficiaranse das axudas do PEL Reactiva

27 Xaneiro 2021

O Concello do Porto do Son vén de publicar a resolución das axudas que aportará PEL Reactiva no termo municipal. A través do financiamento destas axudas da Deputación Provincial da Coruña, 94 autónomos e microempresas beneficiaranse dun total de 187.000 euros.
Os apoios están dirixidos a autónomos e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica. Deste xeito, cada un dos beneficiados poderán dispor de subvencións que van dende os 1.500 ata os 3.000 euros, para facer fronte ós danos ocasionados pola COVID-19. Dos 187.00 euros procedentes da Deputación e do Concello, 172.500 están destinados ás axudas mencionadas anteriormente.


Os autónomos e empresas beneficiadas poden, con este importe, comprar material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamento e canon, como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19; primas de seguros ou subministracións.
As solicitudes para beneficiarse das axudas do PEL Reactiva superaron as 100, das cales 94 foron aceptadas. No caso dos solicitantes denegados, existe a posibilidade de presentar reclamacións nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...