Dous detidos en Ribeira en posesión de 67 papelinas de coca e 170 gramos de hachís

25 Xaneiro 2021


A Policía Nacional de Ribeira detivo a dous homes, de 54 e 46 anos de idade, tras incautarlles nun control policial 67 papelinas de coca e 170 gramos de hachís na súa posesión.
Os dous varóns foron detidos nun dispositivo policial para a prevención de tráfico de estupefacientes situado en Ribeira. Os axentes atoparon no turismo de alta gama no que viaxaban os presunto autores do delito contra a saúde público por tráfico de drogas, 67 envoltorios que contiñan cocaína, 170 gramos de hachís, 3.354 euros en efectivo, básculas e seis terminais telefónicos.
Os detidos serán postos a disposición xudicial, ante o Xulgado número 1 en funcións de garda en Ribeira.

Foto C

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.