Aprobadas en Ribeira as obras de acondicionamento para a implantación dun Punto de Encontro Familiar

29 Xaneiro 2021

Fachada do local onde se vai habilitar o servizo, coas obras da futura comisaría ao fondo

O Concello de Ribeira aproba a realización das obras destinadas a acondicionar un local para a implantación dun Punto de Encontro Familiar na localidade, o oitavo en Galicia tras os xa existentes nas grandes cidades.

Dito establecemento encóntrase na rúa Perú, moi preto da futura comisaría, e conta cun espazo diáfano de 134 metros cadrados. O obxectivo é que despois da renovación dispoña de tres salas de intercambio, un espazo de administración, un despacho e unha zona de acceso con dous aseos, un deles adaptado.

O Punto de Encontro Familiar deberá favorecer o cumprimento do réxime de visitas como dereito fundamental das fillas e dos fillos para manter a relación cos proxenitores despois da separación, establecer vínculos necesarios para o seu bo desenvolvemento psíquico, afectivo e emocional e facilitar o encontro das fillas e fillos coa persoa proxenitora non custodia e coa súa familia extensa.

Ademais, terase que conseguir a normalización das relacións familiares “de maneira que o recurso chegue a resultar innecesario para a familia e procurar a seguridade das e dos menores durante o cumprimento do réxime de visitas, ademais de previr situacións de violencia”, explicou o Concello, engadindo que o centro “favorecerá e potenciará nas fillas e fillos unha boa relación cos seus pais, coa contorna da persoa proxenitora non custodia e coa súa familia extensa e potenciará que estes expresen con liberdade e sen medo os seus sentimentos e necesidades fronte aos seus pais”.

Tamén facilitará a orientación profesional para mellorar as relacións materno/paterno‐filiais e as habilidades parentais de crianza, informará e derivará ás persoas interesadas aos servizos especializados encargados da protección e da asistencia integral ás mulleres que sofren violencia de xénero e dispoñerá de información fidedigna sobre as actitudes e aptitudes parentais que axuden a defender os dereitos das e dos menores noutras instancias administrativas ou xudiciais (se fose necesario).

O investimento total das obras de acondicionamento é de 151.000 euros, IVE incluído. A empresa terá un prazo de execución de 120 días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.