Aprobada a clasificación das ofertas para as beirarrúas e pluviais en Cubeliños

21 Xaneiro 2021

O Concello de Ribeira aprobou a clasificación das ofertas, anteriormente denominada “adxudicación provisional”, para a dotación de beirarrúas e canalización de augas pluviais a unha zona do barrio de Cubeliños de Ribeira.

A empresa seleccionada, de entre as 28 propostas presentadas, foi Abootec Promociones Gestiones Inmobiliarias, S.L.. Nun prazo de sete días hábiles a empresa deberá presentar a documentación requirida para a realización da obra, que suporá un investimento de 54.092,71 euros.

A actuación mellorará a accesibilidade e a seguridade viaria na zona en cuestión mediante a construción dunha beirarrúa de 2 metros de ancho e 330 metros de longo. Ademais, será instalada unha rede de pluviais formada por 255 metros de tubo de PVC con 315 milímetros de diámetro, 8 pozos de rexistro e 11 arquetas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.