A Piscina Municipal de Rianxo convida á cidadanía a practicar deporte seguro

22 Xaneiro 2021

A Piscina Municipal de Rianxo iniciou unha campaña para promover o deporte seguro neste contexto de COVID-19, enxalzando o potencial das prácticas deportivas que acubilla a piscina para garantir o distanciamento e a seguridade sanitaria ao tempo que se achegan prácticas que son beneficiosas para a saúde da cidadanía (sobre todo para contrarrestar o sedentarismo provocado pola pandemia e o confinamento e as súas secuelas físicas e psicolóxicas). Con este fin, a piscina puxo en marcha unha iniciativa a través da cal permite probar a instalación e as súas actividades durante tres días de xeito gratuíto, ademais de poder abonarse sen custos de matrícula (campaña para o mes de xaneiro).

A Piscina Municipal de Rianxo, xestionada por Aquafit, lembra que “o teletraballo e a dixitalización de moitos procesos comúns que se realizaban habitualmente en persoa reduciron a actividade física diaria”, de aí que sexan precisas, máis ca nunca, alternativas que nos axuden a practicar deporte en espazos seguros. Así, á propia disposición da Piscina Municipal, un espazo que de por si axuda a garantir a desinfección e evitar os contactos directos entre persoas, cómpre engadir o esforzo especial levado a cabo pola dirección do centro para “adaptarnos á normativa excepción que se foi implantando por motivo da COVID-19”.

Xunto ás medidas propostas polas administracións, engade Aquafit, “fómonos reforzando con outras iniciativas para garantir unha práctica deportiva segura nas instalacións: control do límite máximo de persoas para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios; reforzo en hixiene, limpeza e desinfección; a toma de temperatura no acceso, a renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación, os puntos de desinfección de calzado, a multitude de estacións de xel hidroalcohólico para mans ou o horario preferente para maiores de 65 anos”.

Aquafit tamén lembra que a Fundación España Activa (informe dispoñíbel en formato PDF para consulta) constatou que de maio a novembro de 2020, só un 0,02% dos casos positivos por COVID-19 de España orixináronse en centros deportivos.

Óscar Rial, director da instalación, resalta a “importancia” desa actividade na saúde das persoas: “Numerosos estudos sinalan que a actividade física de forma moderada reforza o noso sistema inmunolóxico”.

Como dixemos, durante todo xaneiro, o centro deportivo ofrece probar as súas instalacións durante tres días e comprobar as medidas aplicadas. Ademais, facilita a inscrición con matrícula de balde e pon ao dispor dos veciños de Rianxo a web de Aquafit onde descargaren unha guía para comezar a facer deporte ou informárense dos servizos que ofrecen e das medidas de seguridade implantadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.