Reabren en Ribeira os parques infantís e as pistas ao aire libre

04 Decembro 2020

O Concello de Ribeira tomou a decisión de adiantar a este venres 4 de decembro a reapertura dos parques infantís e biosaudábeis do municipio, así como as pistas deportivas ao aire libre, pechadas os días pasados como medida preventiva contra o espallamento da COVID-19 no termo municipal.

Efectivos do GAEM e de Protección Civil están a traballar no desprecintado das distintas instalacións de forma que as persoas usuarias poidan utilizalas, sempre conforme á normativa anti-COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.