O Noia FS comezará a segunda volta visitando ao Talavera FS

11 Decembro 2020
Portus Apostoli FS Noia. Cedida

O conxunto noiés xogará por segunda vez consecutiva como visitante na Segunda División. Tras volver cun empate contra a UA Ceutí, o cadro de Marlon Velasco tentará volver á senda do triunfo contra o Soliss FS Talavera, un dos mellores equipos da categoría, pero que actualmente non pasa pola súa mellor racha.

O encontro correspondente á oitava xornada da Segunda División subgrupo B terá lugar no Primero de Mayo, un pavillón no que nunca conseguiu gañar o equipo galego. Desta volta, o Noia FS tentará romper esa maldición e afondar na ferida do Talavera, que só conta cun triunfo no que vai de competición.

Logo de deixar escapar os tres puntos no tramo final da xornada anterior, o Portus Apostoli buscará volver á boa dinámica de vitorias do comezo de liga. O encontro terá lugar no pavillón Primero de Mayo, a partir das 18:00 horas e acollerá a un total de 300 persoas. Ademais, será emitido en directo a través de CMM Play, con previo rexistro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.