O Cineclub Claudio Guerín celebra o Samaín en Noia cunha noite de cinema clásico de terror

28 Outubro 2026

O Coliseo Noela de Noia vai proxectar este venres 30 de outubro unha sesión dobre de cinema de terror. Trátase dunha actividade organizada polo Cineclub Claudio Guerín encadrada na festividade do Samaín.

Proxectaranse dous filmes clásicos de horror, en palabras do cineclub local, “dous clásicos do xénero”: por unha banda Nosferatu (1922) de F. W. Murnau, e pola outra A noite dos mortos viventes (1968), de George A. Romero.

A sesión contará coa presentación e coloquio da podcaster Elena Lombao, de BloodyGirls.

Celebrarase como dixemos este venres 30 de outubro a partir das 21:30 horas (con apertura de portas ás 21:10 h).

A entrada será de balde ate completar o aforo.

Será “unha oportunidade para gozar do mellor cine de terror na gran pantalla, nunha noite perfecta para celebrar o Samaín”, informou o Concello, que colabora na actividade.

Outros artigos

Ames, a RAG e Rois impulsan unha nova edición de Modo galego

O proxecto de investigación-acción para a dinamización da lingua na infancia Modo galego, actívao! iniciou hoxe unha nova etapa de consolidación e extensión. Fíxoo novamente da man do Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) e cunha nova entidade aliada: o...

+

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.