Ribeira busca fogares que se apunten á compostaxe doméstica

04 Decembro 2020

O Concello de Ribeira lanzará dende este fin de semana a campaña de captación de veciños Dale Vida ao teu Lixo para a implantación de composteiros no termo municipal, que lles proporcionará aos usuarios a formación e o manexo necesario do recipiente a través dunhas semanas presenciais.

Esta iniciativa consistirá en instalar dous centros de compostaxe comunitario, co fin de tratar o tema dos biorresiduos no casco urbano da localidade. Haberá 2 zonas de compostaxe, localizadas nas inmediacións do barrio de Abesadas e Fontán. O obxectivo é recibir os residuos orgánicos procedentes dos domicilios nun perímetro de 500 metros. Ademais, utilizaranse restos de rozas, podas, céspedes de xardíns e hortas como material estruturante, e incluirase a distribución 85 composteiros domésticos por distintos puntos da cidade. Desta forma, os veciños e participantes terán os materiais necesarios para elaborar un compost a partir da fracción orgánica xerada dos seus domicilios.

O proxecto, levado a cabo pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ten un presuposto de 59.998,60 euros e está co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o programa operativo FEDER Galicia 2014 – 2020.

As persoas que queiran participar e precisen recibir máis información poderán inscribirse a través do 981 972 530 ou a través do seguinte email: compostaxe@ribeira.gal.

Outros artigos

Concentración en Ribeira tras un nuevo crimen machista en A Coruña

Un novo crime machista sacode A Coruña. Un home matou ao seu exmujer no piso que esta habitaba na cidade herculina, aumentando así o número de feminicidios en Galicia. O presunto autor xa foi detido polas autoridades. En resposta a esta situación, o colectivo...

+

Xa está a operativa a senda de Teira (Corrubedo)

O Concello de Ribeira informou este luns 16 de xuño de que xa está operativa a nova senda de Teira: habilitada para o tránsito seguro para os peóns logo dunha reforma integral levada a cabo pola brigada de Obras do Concello de Ribeira. Co obxectivo de mellorar o...

+

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.