O Concello de Ribeira achega axudas para favorecer a conciliación

09 Decembro 2020

O Concello de Ribeira vén de convocar unha liña de axudas municipais dirixidas a familias de escolares que, ante “a necesidade de conciliar a vida familiar e laboral”, empreguen os servizos de monitorado previo á apertura de aulas en centros públicos e concertados de Infantil e Primaria do municipio para o curso académico 2020-2021.

Son beneficiarias destas subvencións as unidades familiares de convivencia empadroadas no concello que reúnan estas condicións:

• Que os alumnos para os que se solicitan estean matriculadas ou teñan reserva de matrícula en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Infantil ou Primaria.

• Que o horario laboral de ambos proxenitores (ou, en caso de familias monoparentais, do proxenitor ou proxenitora) sexa incompatíbel co horario do menor escolarizado.

A axuda municipal será do 50% do prezo mensual do servizo ata un máximo de 50 euros mensuais por alumno. O Concello consignou un crédito de 10.000 euros para esta fin. O prazo de presentación de solicitudes comeza este 10 de decembro e fica aberto ao longo de todo o curso.

Os solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.