Bela deixa unha árbore derrubada en Abanqueiro e un arco da iluminación caído en Boiro

28 Decembro 2020


Bealo

A borrasca Bela fíxose notar na comarca de Barbanza con refachos de vento que alcanzaron os 100 quilómetros por hora sen que causaran incidentes importantes.

Os equipos de emerxencias tiveron que retirar ramas e recolocar contedores movidos, mentres que unha árbore derrubada en Abanqueiro e un arco da iluminación do Nadal caída no centro de Boiro, concretamente na zona de Cimadevila foron os contratempos máis significativos do temporal.

Así mesmo, o vento tamén tirou cableado do tendido telefónico en varios puntos do concello boirense como en Bealo, Cespón, Garamelo-Xaramelo o que obrigou a desprazar persoal do grupo de emerxencias de Boiro, os bombeiros e a Policía Local.

Garamelo-Xaramelo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.