A rapazada de Rianxo poderá falar cos Reis Magos este Nadal

18 Decembro 2020

A Asociación de Empresarios de Rianxo (ARE), informou de que iniciou contactos cun grupo de paxes reais para que as nenas nenos de Rianxo poidan falar este Nadal dende as súas casas cos Reis Magos.

Co fin de que as Súas Maxestades poidan falar con cada neno/a, un titor/a legal das crianzas deberá rexistrarse e reservar unha data na web www.nadal2020.es. Así, o día e hora reservado nesta páxina os Reis Magos poranse en contacto co cativo/a por vídeo-chamada.

O prazo de inscrición e reserva de datas comezou esta semana e remata o día 29 de decembro. Esta iniciativa da Asociación de Empresarios de Rianxo lévase a cabo para que, en palabras da entidade, “neste Nadal tan atípico no que todos temos que actuar con responsabilidade e máxima precaución e no que non haberá as tradicionais cabalgatas de reis, ningún neno perda a ilusión destas datas tan especiais”.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.