A Policía Local de Ribeira adheriuse á campaña especial sobre vixilancia e control de transporte escolar que está a ter lugar na presente semana, dende onte luns ata o próximo 4 de decembro a instancias da Dirección Xeral de Tráfico da que xa informamos en O Barbanza.
En concreto, o propósito dos axentes ribeirenses é supervisar todos
os vehículos que prestan este servizo en todos os centros educativos
ubicados neste termo municipal. Controlarase o cumprimento de
todos os requisitos legais e particularmente os relativos ás condicións
de seguridade no transporte de menores, tales como se contan con
persoa acompañante, o permiso de condución correspondente, o
certificado de aptitude profesional (CAP), superación de proba de
alcolemia e, se houbese sospeita, tamén de drogas.
