A hostalería de Ribeira e Santiago reclama máis axudas ante as graves consecuencias da COVID-19

24 Decembro 2020

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, e representantes do sector da hostalería e a restauración do concello, reuníronse esta semana na sede da Asociación de Hostalería de Compostela para abordar as principais inquietudes destes ámbitos empresariais que se atopan, fóra de toda dúbida, entre os máis afectados polas consecuencias da pandemia. Na xuntanza acordouse fixar un proceso de colaboración para “establecer sinerxías que permitan seguir defendendo os intereses destes sectores nestes intres de grave crise económica”.

Na reunión, amais de abordaren en conxunto os problemas comúns que afectan en conxunto á hostalería galega, os representantes das dúas asociacións afondaron na “situación extrema” que viven os responsábeis de establecementos en Ribeira, actualmente en nivel de máxima alerta.

Así, co peche perimetral e coa prohibición de servir no interior dos locais e tendo que rematar o servizo ás 17.00 horas, as dúas entidades coincidiron en cualificar a situación de “peche encuberto” que, na súa opinión, debera ir acompañado por forza de indemnizacións por parte do Goberno galego, compensacións que axuden a garantir a supervivencia dos negocios.

As dúas asociacións denunciaron tamén “o prexuízo que causa a alta dependencia á estacionalidade de verán e Nadal que ten a hostalaría na comarca”.

Outro punto tratado foi “a escaseza tanto no plan aprobado esta semana polo Consello de Ministros” (que, lembraron, non inclúe axudas directas, paralización de impostos ou ampliación dos ERTES ata o verán, e cunha rebaixa nos alugueiros sen aplicacións en Galicia) como nas axudas da Xunta de Galicia, que, segundo fixeron saber, “deixaron fóra a moitos locais debido á súa letra pequena e que, meses despois da súa aprobación, aínda non se abonaron a aqueles que si cumprían cos requisitos”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.