A Federación Galega de Loita entrega ao Club Kempo Pobra un punto hixiénico

09 Decembro 2020
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e Pablo Pintos, en representación da Federación Galega de Loita e D.A., Manuel Pérez e Maikon Lapa, por parte do Club Kempo Pobra na presentación da campaña

A Federación Galega de Loita e D.A entregou ao Club Kempo Pobra un punto hixiénico para colocar nas súas instalacións situadas na rúa do Doutor Lamas e Andrés, como parte da campaña Deporte Federado, Deporte Seguro.

A iniciativa promovida pola Federación Galega de Loita e D.A consiste na dotación de puntos hixiénicos que recollen as medidas de seguridade establecidas no protocolo FISICOVID DXT-GALEGO, e que deste xeito proporciona ó Club Kempo Pobra a distinción de “Club Saudable”.

Esta campaña implica a supervisión e asesoramento por parte da mencionada federación ao Club Kempo Pobra. As normas establecidas son moi similares ó protocolo do resto de deportes, antes, durante e despois das clases de Kempo. Antes de acudir á clase débese deixar o calzado fóra da área de adestramento, de presentar síntomas acudir ao medico, desinfección do material deportivo… Durante as clases, manter a distancia de seguridade, evitar tocar obxectos… Ao finalizar as clases, deberase lavar as mans con xel hidroalcohólico, non facer uso dos vestiarios, etc. Por suposto a máscara será obrigatoria, antes, durante e despois da actividade. Ademais, a Federación Galega de Loita e D.A está na busca de bonecos, coñecidos como dummies, para as actividades de loita sen contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.