A comisión que dirimirá o futuro do Pazo de Goiáns celebra a súa primeira sesión en xaneiro

23 Decembro 2020

A primeira Comisión de Avaliación e Planificación sobre o futuro do Pazo de Goiáns, en Boiro, celebrarase no mes de xaneiro, sendo o seu obxectivo facer estudos sobre os distintos aspectos da histórica construción e a súa contorna, de gran importancia ambiental e paisaxística. Segundo informou o Concello, a estará formada por persoas representativas de diversos ámbitos, como son o xurídico, o arquitectónico, o medioambiental, o cultural e histórico, asociacionismo, turístico, económico e empresarial.

O Concello engadiu que as persoas que van formar parte da comisión foron xa convocadas para o día 15 de xaneiro, que servirá para presentar ás persoas que a conforman e facer unha exposición da necesidade de crear esta comisión. As e os integrantes do equipo de traballo, mediante a documentación que lles foi enviada, farán unha valoración dos distintos ámbitos para planificar os futuros usos do inmóbel “tendo en conta as especificacións que recolle o convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Cultura para a adquisición do mesmo”.

O comité tamén está integrado por membros da Asociación Boirense de Empresarios, a Asociación Cultural Barbantia e a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Abrirase tamén un proceso de participación cidadá para que a veciñanza poida aportar as súas ideas sobre os posíbeis usos da construción. “O Pazo de Goiáns é de todos e todas, polo que queremos coñecer as contribucións da cidadanía en canto ao uso do inmóbel”, afirma o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...