A Biblioteca Nós recuperará Diario 1921 de Castelao

28 Decembro 2020

Ourense acolleu este luns 28 a presentación da Biblioteca Nós, impulsada polo Goberno galego (Consellería de Cultura) e a Editorial Galaxia. A estrea da colección inclúe o relanzamento de dez publicacións dos autores máis representativos da Xeración Nós, entre os que se atopa o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castealo (do que se vai recuperar Diario 1921). A iniciativa enmárcase nas accións programadas con motivo da xeración da revista do mesmo nome, da que forma parte, tamén, a exposición Galicia, de Nós a nós, que xa foi visitada no Gaiás por máis de 10.00 persoas e que vai estar en Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a partir do 18 de febreiro.

Na presentación participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal.

No acto, o titular de Cultura da Xunta salientou o peso da cidade de Ourense na actividade e creación cultural: “Falar de Ourense é facelo dunha referencia cultural, artística e literaria, dunha cidade que acolleu a numerosos escritores e poetas e que veu nacer a un dos movementos máis importantes dos últimos séculos: a Xeración Nós”, afirmou.

A colección presentada recolle dez obras dos autores máis representantes e senlleiros deste colectivo que revolucionou a Galicia do seu tempo “ensanchando as nosas fronteiras culturais e alumeando a conciencia colectiva da nosa terra”. Os títulos reeditados en colaboración coa Editorial Galaxia son: O esquecedor mentor de Nós, de Antonio Losada Diéguez; Teoría do nacionalismo galego e Leira, de Vicente Risco; Polos vindeiros da saudade, Entre a vendimia e a castañeira e O Señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo; Vicente Risco, de Carlos Casares; Co pensamento na patria, de Antón Vilar Ponte; Antífona da Cantiga, de Ramón Cabanillas, e Diario 1921, de Castelao.

Segundo lembrou Rodríguez, a programación deseñada para conmemorar o centenario de Nós alongarase ata 2021 e está composta por publicacións, homenaxes, recoñecementos e exposicións entre as que se atopa a creación dunha páxina web que aglutina todos os contidos da dita xeración galeguista ou a exposición Galicia, de Nós a nós, a gran mostra que xa foi visitada na Cidade da Cultura por máis de 10.000 persoas de xeito presencial e que chegará á cidade de Ourense o vindeiro 18 de febreiro. Así, tal e como explicou o conselleiro, as máis de 300 pezas que compoñen esta mostra e que proceden de España, Francia, Alemaña e Portugal estarán expostas no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata abril de 2021.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.