
Ás 15,40 horas dun día como o de hoxe, 13 de novembro, de hai 18 anos, nunha conversación telefónica que mantiña co entón responsable do Servizo de Busca e Salvamento dá Xunta de Galicia -creado en 1990- tiven o primeiro coñecemento dun entón incidente rexistrado preto das costas de Galicia, protagonizado por un petroleiro. Naquel momento falábase dun incendio a bordo do buque e unha alarmante escora de leste. Non se facilitaba dato algún sobre o buque e así puiden dicilo no boletín horario das 16,00 horas. Os boletíns seguintes permitíronnos ampliar os datos e corrixir os inicialmente facilitados: preto das costas galegas (28 millas, uns 52 quilómetros) achábase un petroleiro monocasco liberiano, operado baixo bandeira das Bahamas, de nome “Prestige”, con carga dunhas 65.000 toneladas de fuel, e unha gran escora. O buque desprazaba 81.589 toneladas. A súa eslora era de 243,5 metros, manga de 34,4 metros e unha tripulación de 27 homes. Inmediatamente comezaron as especulacións de todo tipo. A máis socorrida era a colisión cun contedor ou un tronco. Todo era posible, por canto na mesma zona tres buques perderan contedores, troncos de de madeira e tubos dun metro de diámetro. Na mar, as condicións non eran as mellores para pensar nunha solución inmediata do problema.
O capitán do buque, o grego Apostolos Mangouras, declarou ao ser detido que a fisura que o Prestige tiña no costado de estribor producíraa “un golpe externo”, probablemenete un contedor ou a ondada. E a esta posibilidade sumáronse os tripulantes, que optaron por culpar dos sucedido a unha onda solitaria xigante, na que ninguén creu (e moito non queren crer aínda hoxe). Pero as ondas xigantes solitarias existen e non son espontáneas.
As ondas xigantes non teñen que ver co estado da mar ou o do vento. Tampouco teñen a súa orixe en terremotos ou maremotos. Son consideradas as ondas máis grandes do mundo. Na actualidade documentáronse varios casos de ondas xigantes que xorden da nada. Hai circunstancias de mar en calma nas que, de súpeto, se levantamn esas “murallas” de auga equivalentes en altura a un edificio de 10 pisos. Puido ser unha destas ondas xigantes a causante da traxedia máis grave sufrida nas costas galegas por un petroleiro cuxa carga afectou a máis de 2.000 quilómetros de costa de España, Francia e Portugal?.
Si, as ondas xigantes existen e, como dicía anteriormente, están documentadas seriamente: en 1958 rexistrouse en Alaska un esvaramento de terras que provocou unha onda de máis de 30 metros de altura. Foron polo menos cinco as persoas mortas. Pero a onda xigante máis grande do mundo rexistrada produciuse no Oeste de Escocia: o buque oceanográfico británico Rockall sitúaa no ano 2000, cunha altura de 29,1 metros ata a súa crista. En 1955 m o Queen Ellizabeth II se encontgró cunha onda xigante de 25metros de altura no Océano Atlántico. No 2005, o Aleutian Ballad era alcanzado por unha onda de 18 metros de altura que apareceu da nada e conseguiu envorcar o barco.
Non son un mito ou unha liberdade literaria: as ondas xigantes existen e, como xa se dixo, estás documentadas desde o ano 1995, cando se detectou unha de 25 metros rodeada doutras de menor tamaño (ao redor de 6 metros). En abril de 2005, o buque Norwegian Dawn navegaba preto da costa de Noruega cando, de súpeto, tres ondas xigantes abatéronse sobre a súa estrutura. O mar estaba totalmente encalmado. Unha dde esas ondas, duns 25 metros “pareceu sallir do aire”, segundo uns dos tripulantes do buque noruegués. Catro anos antes,outras dúas embarcacións, a Bremen e a Caledonian Star, sufriron grandes danos por mor dunha enorme onda no Atlántico Sur.
Este tipo de ondas, de creación espontánea, xorden sen aviso previo/previo aviso. Pode suceder cando dúas ondas máis pequenas combínanse e aúnan para crear unha de maior tamaño.
Enxeñeiros e oceanógrafos da Universidade de Southampton (Reino Unido) e investigadores do Centro Nacional de Oceanografía ( NOC) da mesma localidade, determinaron que as ondas máis grandes do mundo prodúcense con menos frecuencia, pero os seus efectos son máis devastadores. É dicir: nas últimas dúas décadas producíronse menos cantidade deste tipo de ondas, pero o tamaño das súas cristas aumentou, o que as fai máis perigosas. Estes fenómenos con máis frecuentes e extremos durante o inverno.
Non é, por tanto, a primeira vez que se constata a existencia de tales ondas. Mandos e tripulantes do Prestige falaron no seu momento de ondas xigantes e moi duros golpes no costado do petroleiro. Ninguén lles creu. E os xuíces nin sequera mencionaron a posibillidad de que ocorrese, provocando danos considerables no costado de estribor, gretas e mesmo o levantamento de chapas. O máis crible é o colapso estrutural que acabou por afundilo seis días máis tarde.
Na súa última singradura, o Prestige procedía de San Petersburgo, de onde partira o 31 de outubro de 2002 cunha carga de fueloil completada posteriormente nunha escala en Letonia. O seu detsino inmediato, aínda que se hab´ ñia comentado que navegaba “a ordes”, é dicir, sen destino prefijado, era Xibraltar. Aquí, o seu capitán, Aoostolos Mangouras, debía recibir ordes e instrucións. Probablemente para dirixirse a Singapura ou outro porto asiático.
O día 19 de novembro de 2002, ás 08,00 horas, o “Prestige” partíase en dous e afundíase: ás 11,45, a popa, a ou na profundidade estimada de 3.500 metros, e ás 16,18 horas, afúndese a proa a 3.800 metros e a unha distancia á costa de 138 millas.
Cun batiscafo extraeuse do petroleiro a cantidade de 16.057 toneladas de produto emulsionado con auga mariña. Repsol puido aproveitar fuel por valor de 2.121.084,15 euros.
Esta é a historia. Nela hai que incluír a certeza dee a existencia de ondas xigantes solitarias. Unha delas puido provocar os danos que, finalmente, provocaron o afundimento do petroleiro monocasco que, co seu afundimento, fixo obrigatorio o dobre fondo ou dobre casco en todos os petroleiros que transportan calquera tipo de carga perigosa polos mares do mundo.
Galicia ten unha longa e tráxica experiencia neste sentido.