Un total de 143 solicitudes presentadas na Pobra ao programa PEL-Reactiva

27 Novembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal fixo balance das solicitudes abeiradas ao programa de axudas PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña para mitigar as consecuencias da COVID-19 no tecido empresarial e comercial e contribuír á súa recuperación. En concreto, entre o 11 e o 25 de novembro requiriron as subvencións 143 empresas e persoas autónomas do concello pobrense.

O Concello lembrou que esta cifra de solicitudes non esgotará a totalidade da partida destinada. A isto, explica o Goberno local, únese a posibilidade de abrir unha segunda liña de axudas para achegar a aquelas persoas que non resulten beneficiarias desta convocatoria, “malia ter sufrido as consecuencias da situación derivada da COVID-19 e que non foron capaces de cumprir os requisitos esixidos”.

O Concello lembro que se trata dunha medida focalizada no eido económico laboral e que, no caso concreto da Pobra, a contía asignada pola institución provincial é de 126.129’63 euros e o Concello debía achegar un mínimo de 31.532’41 euros adicionais procedentes dos seus recursos propios; mais decidiuse que a achega municipal fose de 373.870’37 euros -con cargo ao remanente de 2019-, que se sumarán aos proporcionados pola Deputación, o cal redunda en ao redor de 500.000 euros.

Como posíbeis beneficiarias destas axudas figuran, por orde preferente, tres tipos de empresas: no grupo 1 enmárcanse aquelas que pecharon durante o confinamento de forma obrigatoria seguindo o Real decreto 463/2020; ao grupo 2 adscríbense aquelas cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75%; e no grupo 3 atópanse as sometidas a ERTE.

A contía vai dende os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal se compón de entre 6 e 9. Ademais, o período subvencionábel abranguerá dende 1 de marzo ata 31 de decembro de 2020.

As ditas subvencións xustifícanse coa compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza; arrendamentos e canons; reparación e conservación; primas e seguros; e subministracións.

As solicitudes que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras puntuaranse de acordo cuns criterios de valoración nos cales figuran o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres contratadas, o número de persoas discapacitadas contratadas, o número de menores de 30 anos contratados/as e o emprego da lingua galega.

As persoas beneficiarias da axuda dispoñen ata o 31 de marzo, como data máxima, para achega-la documentación xustificativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...