O Concello da Pobra ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ás axudas de PEL-Reactiva

11 Novembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal manterá aberto até o 25 de novembro o prazo de presentación de solicitudes ao PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña. Así o deron a coñecer membros do Goberno municipal, concretamente, o alcalde Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a edil das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e a homóloga do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG).

A edil Charo Varela explicou que se trata dunha medida focalizada no eido económico-laboral e que, no caso concreto da Pobra, a contía asignada pola institución provincial é de 126.129’63 euros e o Concello debía achegar un mínimo de 31.532’41 euros adicionais procedentes dos seus recursos propios mais, tal e como expuxo, decidiuse que a achega municipal fose de 373.870’37 euros -con cargo ao remanente do 2019-, que se sumarán aos proporcionados pola Deputación, redundando en ao redor de 500.000 euros, co propósito de “chegar ao maior número de empresas posíbeis”. Neste senso, fixo fincapé en que “cremos que é unha aposta importante” coa que se agarda “paliar parte de toda esta crise”, insistindo en que se estudará unha posíbel liña de axudas, a maiores, para aquelas que non resultaron beneficiarias, a pesar de sufrir as consecuencias da crise.

Pola súa parte, a concelleira Patricia Lojo valorou “moi positivamente” estas axudas e indicou que a Deputación da Coruña, presidida por Valentín González Formoso, fixo “un gran esforzo” ao aprobar o PEL-Reactiva, ao cal se adheriu a Administración local, “axudándonos aos Concellos a facer fronte a esta crise sanitaria que leva consigo unha gran consecuencia na nosa economía. Engadiu que a contía da institución provincial “axudaranos a darlle un empuxón importante á economía da Pobra” e as bases facilitan as tramitacións, ademais de incidir na relevancia da achega municipal. Rematou manifestando que “deben primar boas relacións, boa comunicación e sacar adiante medidas e axudas para que todos poidamos ir un pouco mellor”.

Na súa intervención, a edil Amparo Cerecedo sinalou que se trata dun día importante ao tratarse “dunhas medidas, dunhas axudas, moi demandadas polo sector económico debido á situación que estamos a vivir”. Respecto dos procedementos de tramitación para as entidades beneficiarias lembrou que se trata dunha metodoloxía “moi sinxela” e que se realizará de maneira telemática mediante a sede electrónica do Concello, dentro do apartado de Tramites destacados, onde figuran os anexos e a documentación que resulta preciso presentar. En consecuencia, póñense a dispor dous técnicos da área do Desenvolvemento Local. Así, convidou a todas as persoas autónomas, hostaleiros, comerciantes e empresas a que tramiten as axudas e “chamen para calquera dúbida”.

Para rematar, o rexedor expresou que, dentro dos tres grupos de empresas que optan a ser beneficiarias, estableceranse criterios. O alcalde puxo o foco na importancia da presentación das solicitudes “porque a resolución farase por orde de entrada”. En relación á contía asignada, dixo que se avaliará a posibilidade de “sacar unha segunda liña se consideramos que é xusto e necesario para que chegue a axuda”.

Como posíbeis beneficiarias destas axudas figuran, por orde preferente, tres tipos de empresas: no grupo 1 enmárcanse aquelas que pecharon durante o confinamento de forma obrigatoria seguindo o Real decreto 463/2020; ao grupo 2 adscríbense aquelas cuxa facturación no segundo trimestre fiscal do 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75%; e no grupo 3 atópanse as sometidas a ERTE.

A contía vai dende os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal componse de entre 6 e 9. Ademais, o período subvencionábel abranguerá dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020.

As ditas subvencións xustifícanse coa compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza; arrendamentos e canons; reparación e conservación; primas e seguros; e subministracións. Entre os requisitos figuran ter o domicilio fiscal na Pobra, estar ao corrente de tódalas obrigas tributarias -tanto estatais como da Comunidade Autónoma-, non ter ningunha débeda co Concello e cumprir con tódalas obrigas establecidas nas bases.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...