A Pobra acollerá en decembro a investigadora Ana Belén Crujeiras dentro do ciclo provincial de vida saudable e envellecemento activo

16 Outubro 2026

A experta do IDIS ofrecerá a conferencia “Vivir sen obesidade” para abordar a prevención, a nutrición e as claves para mellorar a calidade de vida

A Pobra do Caramiñal será unha das sedes do ciclo de conferencias “Vida Saudable e Envellecemento Activo”, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que achegará ao municipio especialistas de primeiro nivel co obxectivo de ofrecer pautas prácticas de saúde e fomentar hábitos de vida sans entre a veciñanza.

A vila barbancesa acollerá o peche deste programa no mes de decembro coa conferencia “Vivir sen obesidade”, impartida pola doutora Ana Belén Crujeiras Martínez, investigadora do Sistema Nacional de Saúde e directora do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

Durante o seu relatorio na Pobra, a investigadora afondará nas causas e factores biolóxicos e ambientais que interveñen no desenvolvemento do sobrepeso e a obesidade. Así mesmo, ofrecerá recomendacións rigorosas sobre alimentación, estratexias preventivas fronte a enfermidades asociadas e pautas para manter a autonomía e o benestar físico ao longo dos anos.

O ciclo provincial ten como foco prioritario achegar o coñecemento médico e científico á cidadanía fóra dos grandes núcleos urbanos, prestando especial atención ás persoas maiores. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, subliñou que “coidar a saúde e previr enfermidades é fundamental para gañar anos de vida, pero tamén para vivir eses anos con maior autonomía e calidade de vida”, destacando a importancia de que todas as persoas teñan ao seu alcance información directa de profesionais de referencia.

Antes de recalar na Pobra do Caramiñal, o ciclo pasará por Cerceda o vindeiro 21 de outubro, cunha ponencia do cardiólogo José Ramón González Juanatey titulada “Como vivir máis de cen anos con saúde”, e por Melide en novembro, onde o oncólogo do CHUS Rafael López abordará a prevención e os tratamentos actuais contra o cancro

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.