Ribeira aproba o Plan Innova-Formación e dota a 72 familias de equipos informáticos

11 Novembro 2020

O Plan Innova-Formación, encamiñado a familias do municipio de Ribeira con nenos e nenas en idade escolar de cara a fornecer de equipos informáticos en establecementos do comercio local vén de anunciar que serán un total de 72 familias as que se verán beneficiadas desta axuda. Dez tendas de venda de ordenadores do comercio local son as que se acaban de adherir ao dito plan.

Máis polo miúdo, dicir que destas 72 familias, 68 adscribíronse á primeira das liñas de subvención existentes (familias en xeral), mentres que as outras 4 foron para a liña específica de familias afectadas pola COVID (persoas en paro ou sometidas a ERTEs). Engadir que tan só 2 solicitudes entre todas as presentadas foron denegadas, unha por ir fóra de prazo e outra por superar o límite de renda.

Subliñar que o importe total das axudas que se van aboar é de 11.650 euros. Os importes concedidos son os máximos previstos segundo a capacidade económica da unidade familiar e da condición de familia numerosa.

Cómpre salientar que dez son os establecementos de venda de ordenadores que se adheriron a este plan Innova Formación e todos eles contan cun distintivo que os identifica como asociados ao programa. Estamos a falar de: Innove S.C., Initel Informática S.L., Rossman Informática, Arrobarbanza Informática, Electrodomésticos Sampedro S.L., Centro Tecnolóxico do Barbanza, Academia Arca, Informóvil, Eradixital S.L. e Mariño Informática.

Engadir por último que o Concello ten previsto unha nova liña de axudas para abranguer a aquelas familias que ficaron fóra da primeira convocatoria e tamén para atinxir a estudantes do ciclo superior de FPII e Formación Universitaria.

Outros artigos

Rosana Pérez reclama máis solo industrial na comarca do Barbanza

A deputada do BNG Rosana Pérez vén reclamar no Parlamento máis superficie industrial para O Barbanza, ao tempo que lembrou a “escaseza clamorosa” de solo empresarial en Barbanza Arousa, onde os catro parques empresariais existentes (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...