Hoxe presentouse o Programa Integrado de Emprego Asociación Amicos 2020-2021 no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira. Os Programas Integrados de Emprego son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral durante un período de 12 meses de 100 persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Programa Integrado de Emprego Asociación Amicos 2020-2021, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, terá como destinatarias a 100 mulleres da Comarca do Barbanza (25 mulleres con discapacidade, 15 mozas menores de 30 anos con baixa cualificación, 10 mulleres beneficiarias do tramo de Inserción da RISGA e 50 mulleres desempregadas en xeral. En total levaranse a cabo más de 500 sesións individuáis de activación, orientación e coaching, 1290 horas de formación para o emprego, 45 persoas realizarán prácticas non laboráis e ten como obxetivo acadar 45 insercións laboráis.
Cómpre destacar que o programa conta con medidas de apoio para as participantes (beca de 7€ para cada día de participación e medidas de conciliación familiar.)
Con motivo da presentación acudiriron Dna. Zeltia Lado (Directora Xeral de Formación e Colocación), Dna. Esther Vidal (Presidenta da Asociación Amicos), D. Xosé Lois Piñeiro (Alcalde de A Pobra do Caramiñal), Dna.María Sampedro Fernández (1ª Tenente de Alcalde do Concello de Riveira), D. Franisco Martínez (Presdiente da Asociación de Empresarios de Riveira) e Dna. Laura Manzano (Participante nos programas de Emprego da Asociación Amicos.)
D. Xoán España Vidal, Director Xeral da Asociación Amicos, foi o encargado de presentar o acto e de comunicarlle ós asistentes as características do Programa Integrado de Emprego.
Dna. Zeltia Lado (Directora Xeral de Formación e Colocación) puxo en valor o esforzo inversor da Administración Autonómica en distintas accións orientadas á mellora da empregabilidade das mulleres na Comarca. Salientou que os Programas Integrados de Emprego contan con unha doatación de 8,2 MM de € e xa se encontran traballando en novas ferramentas para que ningunha familia se quede atrás nesta época tan complexa.
Pola súa banda, Dna. Esther Vidal (Presidenta da Asociación Amicos) agradeceu a implicación de todos os axentes presentes no acto, e fixo un chamamento ás mulleres de toda a comarca para que empreguen este recurso como oportunidade para a mellora da súa situación sociolaboral..
Dna. María Sampedro Fernández (1ª Tenente de Alcade do Concello de Riveira), mostrou a súa total vontade a colaborar para que o Programa resulte un éxito para toda a Comarca.
Don Francisco Martínez (Presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira )dixo que esperaba que as empresas que el representa se poidan ver beneficiados desta acción.
Don Xosé Lois Piñeiro (Alcalde da Pobra) manifestou o seu desexo de acadar a implicación de todos os pobrenses para que o programa poida lograr os seus obxetivos.
Finalmente, Dna. Laura Manzano, manifestou que se atopa moi a gusto participando nos programas de Emprego da Asociación Amicos e que puido acadar un emprego.
Este Programa que se atopa en fase de recrutamento de selección de participantes levarase á cabo en Ribeira (Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira) e en Comoxo Boiro (Sede da Asociación Amicos). Todo aquela muller que se queira apuntar pode contactar no correo: info@amicos.org ou no tlf 981 865716