Preto de 11 millóns de euros a entidades de inclusión social da provincia

07 Novembro 2020

A Xunta aprobou a maior orde de axudas a entidades de inclusión social da historia que destinará 10,6 millóns de euros a 56 organización da provincia da Coruña. Destinaranse a financiar gastos de funcionamento de centros de inclusión social, así como o desenvolvemento de actividades nos vindeiros dous anos dirixidas ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión entre 2020 e 2022.

Este orzamento supón un incremento do 16,4% con respecto á última convocatoria, a de 2018-2020. No conxunto da comunidade destínanse 17,8 millóns de euros que se repartirán en 128 organizacións. Trátase da sétima vez consecutiva que se aumenta o crédito desta orde de axudas, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A última convocatoria desta liña de subvencións financiou 846 proxectos, e estímase que neste exercicio poidan facerse realidade arredor de 964 propostas.
A través desta orde as entidades poderán cubrir gastos de funcionamento dos centros de inclusión e emerxencia social, así como actuacións singulares que complementen os servizos sociais básicos. Estas achegas tamén se poden destinar ao financiamento de servizos de formación adaptada; intervencións en zonas de exclusión e apoio á integración
sociolaboral; iniciativas de inclusión da poboación inmigrante e investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.
O reforzo desta liña de axudas contribuirá e axudará tamén a paliar as consecuencias que está a ter a pandemia do COVID-19 nos colectivos máis desprotexidos, como son as persoas sen fogar, en risco de exclusión ou inmigrantes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...