Porto do Son participou na loita do 25–N con diversas actividades

26 Novembro 2020

O Concello de Porto do Son celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero dende a primeira hora da mañá de onte. Esta vez non puido facerse a camiñada pola igualdade coma sucedeu noutros anos, pero colocáronse dous postos informativos para a prevención da violencia de xénero, un no IES Porto do Son e outro na praza de España da localidade.

Aos visitantes agasallóuselles con máscaras nas que aparecía escrito o lema: “O que rexe o meu destino é a igualdade”. Outra das actividades que se levou a cabo no día de onte foi a publicación de manifestos e a realización de obradoiros de Radio e Baile para aqueles nenos e nenas que asistiran á ludoteca municipal. Tamén impartíronse actividades lúdicas de Igualdade on – line sobre Monicreques e contacontos.

Todos os actos tiñan como obxectivo loitar contra a Violencia de Xénero. En definitiva, intentar conseguir un mundo mellor e máis igualitario.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...