Os socialistas de Ribeira propoñen trasladar o Viveiro de Empresas á antiga Lonxa

16 Novembro 2020
dav

O grupo socialista de Ribeira vén de emitir un comunicado relativo ao Viveiro de Empresas do Concello e á necesidade de impulsar a súa actividade de cara a servir de importante apoio para as persoas autónomas e emprendedoras do termo municipal. O comunicado, unha proposta para ser debida en pleno, ten a súa orixe nos moitas vantaxes que pode ofrecer a un Concello a existencia dunha incubadora empresarial como a devandita (onde se achega un espazo para impulsar actividades empresariais por 75 euros ao mes), que no caso de Ribeira, malia as facilitades postas en xogo, está por debaixo das súas posibilidades reais, segundo indican os socialistas. A agrupación que coordina José Vilas pide na súa proposta buscar un mellor emprazamento para o Viveiro, xa que o actual está lonxe do núcleo urbano, “con pouca ou ningunha posibilidade de atraer clientes que non acudan de xeito específico ao lugar”.

Os socialistas tamén critican a infraestrutura tecnolóxico do inmóbel actual, xa que, indican, “todas as empresas que pretendan establecerse alí deben compartir unha conexión ADSL a Internet cunha capacidade teórica de 20 Mbps, pero debido á distancia á central e ao estado do par de cobre que o proporciona, dan escasos 5 Mbps, a repartir entre todos os negocios que alí operen”.

En base a todo o devandito o PSOE de Ribeira sostén “que o Viveiro de Empresas debera mudar de emprazamento e asentarse nunhas instalacións que satisfagan as necesidades que unha empresa do século XXI precisa para un bo funcionamento, e divulgación no sector”.

En concreto os socialistas propoñen tirar proveito da antiga Lonxa de Ribeira, dado “que Portos de Galicia cedeu o seu uso ao Concello”. Aí, indican, as 21 antigas oficinas dos compradores-exportadores (que vencen a concesión agora no mes de decembro) poderían habilitarse achegando accesos exteriores e illándoas da nave central, á que se pretende dar outros usos por parte do Goberno local (conservación e mantemento das artes de pesca). Os beneficios desta localización son “claros e inmediatos” para o PSOE de Ribeira: achegaría unha situación céntrica, no corazón do Porto, “que é o principal motor de desenvolvemento de Ribeira”, poría en xogo un estacionamento relativamente sinxelo e unha áxil identificación da empresa; proporcionaría unha infraestrutura informática axeitada (está dentro da cobertura de fibra óptica, tanto coaxial de R como fibra simétrica FTTH de Movistar e Orange), e da telefonía convencional; e non implicaría grandes custos de traslado.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...