O PSOE de Ribeira pide repoboar con autóctonas o monte de San Alberto e outras paraxes naturais do municipio

18 Novembro 2020

O PSOE de Ribeira presentou unha proposición para o vindeiro Pleno no que se convida ao Concello a tirar proveito das posibilidades medioambientais e turísticas do rico patrimonio natural do municipio para incrementar a presenza de especies autóctonas e espazos de lecer que reivindiquen os bosques sustentábeis e de valor paisaxístico e ambiental. A orixe da proposta está no Plan Forestal de Galicia, presentado hai uns días pola Xunta, unha folla de ruta que marcará as directrices de xestión dos montes galegos durante os vindeiros 20 anos e que inclúe un investimento de 4.900 millóns de euros até o ano 2040, dos que 4.000 millóns son fondos públicos.

O PSOE lembra que está previsto que o Plan estea en vigor no primeiro semestre de 2021, destacando as prioridades estratéxicas que suporá: blindar a sustentabilidade do monte, compatibilizando o plano ambiental e socioeconómico; garantir a súa biodiversidade e aumentar a pegada das frondosas autóctonas; estimular a multifuncionalidade; incentivar unha xestión máis participativa; buscar un marco normativo e financeiro favorábel e áxil, e reforzar as políticas antiincendios.

Os socialistas lembran que entre as medidas a implantar está a promoción da rexeneración natural de frondosas caducifolias até alcanzar as 425.000 hectáreas en 2040 e a conservación de soutos de castiñeiros, así como a creación de 16.000 hectáreas máis, das que a metade enfocaranse á madeira e a outra metade á produción de castañas.

En canto ao eucalipto, reducirase un 5% a superficie actual desta especie en Galicia, e unha das metas é converter 20.000 hectáreas de eucalipto en montes doutras especies.

Respecto do caso de Ribeira, os socialistas recordan quen o municipio dispón de varios montes municipais e comunais a conveniar, nos cales desenvolver iniciativas como as devanditas: “Algúns destes montes están localizados en paraxes de gran interese paisaxística, e/ou en zonas de rendemento natural infrautilizadas, por exemplo as contornas da Garita e dos Túneles, que ben poderían merecer unha aposta investidora coa creación da figura de montes protectores, pola súa especial singularidade e beleza, así como a rede de zonas verdes anexas, e como complemento de lecer ao complexo deportivo de A Fieiteira”.

O PSOE, en virtude do devandito e como primeiro paso desta aposta verde de Ribeira, solicita ao Concello a inclusión de paraxes como o monte municipal de San Alberto (parcelas 1703, 1704, 1066, e parcelas privadas do ámbito, unha unidade de xestión forestal) no Plan Forestal de Galicia, coa plantación ordenada e estratéxica de especies frondosas caducifolias, castiñeiros, carballos, sobreiras, nogueiras e cerdeiras (cereixeiras), que ao mesmo tempo son “árbores bombeiros”, explican os socialistas, poñendo de relevo a súa “importante resistencia ao lume”.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.