O Concello de Ribeira publica un bando coas pautas anti-COVID para as visitas aos camposantos

01 Novembro 2020

Ao fío da festividade de Todos os Santos deste primeiro de novembro e do Día de Defuntos (2 de novembro), que coinciden no tempo co recruar da crise sanitaria nos nosos concellos, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, compartiu un bando no que comunica á cidadanía a preocupante situación na que nos atopamos e lémbralles ás veciñas e veciños as principais medidas a aplicar para incrementar a seguridade nestes festexos, principalmente focalizados nos camposantos.

No bando, nun plano máis específico, lémbrase que “ante a posibilidade de que se dea unha elevada agrupación de persoas dentro dos cemiterios por un curto período de tempo, moitas delas vulnerábeis, a Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira estableceu na súa reunión do 26 de outubro unha serie de medidas destinadas a previr a propagación da pandemia”.

Tales medidas foron adoptadas de acordo co recollido no Protocolo aprobado o pasado 23 de outubro pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, así como co Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o Estado de Alarma.

Estas son as iniciativas adoptadas para acompañar a festividade dupla desta fin de semana:

1. O horario de apertura ao público dos cemiterios municipais de Ribeira e Palmeira durante os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro será de 8.00 a 22.30 horas.

2. Para que os/as floristas poidan desempeñar o seu labor nos cemiterios de Palmeira e Ribeira, permitirase o acceso destes/as profesionais nas noites previas aos días indicados (madrugadas de venres a sábado, de sábado a domingo, e de domingo a luns).

3. Persoal do GAEM e voluntarios de Protección Civil encargaranse de controlar os aforos e de evitar aglomeracións, especialmente nas zonas de entrada.

Ademais, no bando lémbrase a necesidade de respectar as seguintes normas de obrigado cumprimento en todos os cemiterios de Galicia, de acordo co Protocolo de 23 de outubro da Dirección Xeral de Saúde Pública:

1. A circulación de persoas polo interior dos recintos estará organizada establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída dos mesmos.

2. Establécese un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes.

3. A duración das visitas deberá ser o máis breve posíbel e en ningún caso deberá ser superior a 30 minutos.

4. Evitarase o contacto físico, mantendo a distancia de seguridade interpersoal de alomenos 1,5 metros.

5. O emprego da máscara será obrigatorio.

6. Deberá haber dispensadores de solución/xel hidroalcólico a disposición dos traballadores e visitantes.

7. Hai que desinfectar as mans antes de tocar billas e garrafas.

Por último, a Policía Local de Ribeira velará polo cumprimento en todos os cemiterios destas e doutras medidas concibidas para combater a pandemia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...