O Concello de Rianxo e SOGAMA distribuirán entre a poboación local medio cento de composteiros

06 Novembro 2020

O Concello de Rianxo, en colaboración coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), vai desenvolver unha campaña de compostaxe caseira que consiste en entregar un recipiente para a recollida de compost a aquelas persoas interesadas. Para poder participar, os únicos requisitos son, por unha banda, residir no termo municipal, e pola outra, dispor dun espazo co chan de terra (patio, xardín, horta, etc).

O procedemento para solicitar o composteiro é o seguinte: primeiro cubrir unha instancia xenérica na que se pida participar na campaña de compostaxe doméstica, e segundo, recibir un dos cincuenta recipientes que recibiu o Concello para distribuír. O Goberno local explica que a adxudicación farase tendo en conta a orde de presentación das solicitudes no Rexistro Xeral municipal. “Con esta campaña pretendemos reducir o volume de residuos orgánicos que botamos ao lixo e crear unhas plusvalías ambientais coa xeración de compost para o seu emprego en mellorar os chans das nosas hortas e xardíns”, explican dende o Consistorio, engadindo que as persoas que necesiten de máis datos sobre a iniciativa, poden chamar ao teléfono 667 185 579 (Kike).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...