O Concello da Pobra estrea un audiovisual para combater a violencia de xénero: As mulleres falan

25 Novembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría da Igualdade, estreou ás 21.00 horas da xornada de onte o vídeo de sensibilización arredor do 25-N, As mulleres falan, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nesta peza audiovisual de algo máis de 12 minutos de duración, vinte mulleres da Pobra con distintos perfís responden preguntas ao redor desta data, o seu significado e importancia.

No vídeo achegan as súas visións persoais sobre a necesidade de conmemorar a celebración do 25-N, sobre se viviron ou non situacións de comportamento machista, sobre cales pensan que son as causas de que siga existindo esta lacra social por parte dos homes, ou sobre as cousas que lle dirían a unha muller que estea a pasar por unha situación de violencia machista.

Esta acción enmárcase na programación impulsada pola Área da Igualdade co obxectivo de concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar, previr e educar á cidadanía coa finalidade de erradicar unha praga social que afecta toda a poboación. Concretamente, entre as actividades que se desenvolveron no mes de novembro figuran o obradoiro Dixitalizad@s. Eliminando a fenda dixital de xénero, a sexta edición das Xornadas Muller e Ciencia, o II Foro Muller e Liderado e o III Concurso de Relatos Breves Historias de Mulleres.

Cómpre lembrar que o Concello adheriuse neste 2020 a De Fronte á violencia de xénero, a nova campaña impulsada pola Deputación da Coruña na que colaboran máis de medio cento de concellos da provincia. Ademais, a Administración local fai parte da campaña En negro contra as violencias, á cal leva adherida varios anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.