A Pobra vístese de negro contra as violencias

22 Novembro 2019

Un ano máis o Concello da Pobra do Caramiñal súmase á campaña En negro contra as violencias, adheríndose tamén o comercio e a hostalería local, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro. Neste senso, organízase unha serie de actividades co obxectivo de concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar á poboación e chegar a erradicar unha lacra que afecta a toda a sociedade. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Igualdade, Charo Varela; a asesora xurídica, María Pérez; a dinamizadora lingüística, Paula Alexandre; e Fran Gómez, en representación de ABAS.

Así, o Auditorio do Museo Valle-Inclán albergará o sábado 23, ás 20.00 horas, o Foro de Muller e Liderado, organizado pola ABAS coa colaboración do Concello. A representante da muller na empresa será Clara Rodríguez Cordeiro, de 7H Cooperativa Cultural; do asociacionismo, Milagros Rey, presidenta de AMBAR; da política, María Xosé Alfonso, ex-alcaldesa e concelleira de Muros; e do sindicalismo, Laura Cereijo, de CCOO en Santiago-Barbanza. Tamén se procederá á entrega de premios do II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres. Respecto a isto último, Fran Rei anunciou que, de case o cento de textos participantes, o gañador na categoría adulta é Saltar, de Óscar Reboiras; na modalidade xuvenil Manolo traballa, de Pablo Pardavila; e na infantil, o primeiro relato gañador é Lobos, de Carme Sarasquete, mentres que o segundo é Branco e gris, de Lucía Pérez. Desta maneira, os premios quedan na contorna, constatándose que “nesta comarca hai xente que sabe escribir moi ben e que tamén cre que é un tema importante loitar e traballar por que cada día teñamos unha sociedade moito máis igualitaria.” Estas actividades enmárcanse no proxecto Sálvora, o cal conta coa financiación da Deputación da Coruña

Ao día seguinte, domingo 24, subirase ás táboas do Elma a compañía Ítaca Teatro coa obra Cinco minutos sen respirar. Esta cita terá lugar ás 19.00 horas e encádrase no programa Nós contra a violencia da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta e que se engloba no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Xa a próxima semana, o venres 29 estrearase, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán a peza audiovisual Na súa pel, creada por Vou Films coa participación da mocidade do municipio pobrense para visibilizar as violencias machistas e sensibilizar á cidadanía.

En decembro, o domingo 8 desenvolverase no Elma, ás 12.00 horas, o contacontos teatralizado O país dos mandóns, un espectáculo de Teatro Ghazafelhos no marco do programa de dinamización lingüística e de prevención da violencia de xénero Nós contra a violencia. En canto a esta cita, Paula Alexandre manifestou que se trata de adaptar ao teatro tres pequenos contos da colección A igualdade conta, de Edicións Embora, constituíndo o seu título toda unha declaración de intencións, pois “queremos sempre traballar o tema da igualdade e da prevención da violencia de xénero dun xeito transversal.”

Ademais, ao longo do que resta de 2019 celebrarase a terceira edición dos obradoiros de igualdade en tódolos centros educativos de infantil e primaria do municipio. En relación a isto, a edil Charo Varela expuxo que o propósito radica en “concienciar da importancia de vivir en igualdade, relacionarnos nenos e nenas, homes e mulleres, en condicións de igualdade.” Por outra banda, a exposición Cartas de amor, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade, estará dispoñible na Casa da Mocidade do 22 de novembro ao 8 de decembro. En canto a esta mostra, María Pérez explicou que se programarán visitas guiadas para o alumnado de secundaria, coa finalidade de “sensibilizar á poboación máis moza para que reflexionen sobre as situacións violentas nas relacións de parella que teñen.”

Finalmente, o rexedor Xosé Lois Piñeiro sinalou que a campaña En negro contra as violencias naceu dunha colaboración entre concellos, tendo “máis impacto porque conseguimos transmitir moito máis en conxunto que por separado.” Engadiu que a cor negra empregada non é casual, xa que “é a cor do loito, da dor e non imos esquecer que a campaña vai en contra da violencia e da morte de moitas mulleres. O que tratamos é de sensibilizar á cidadanía fronte a este problema e temos que facelo de tódalas maneiras que se nos ocorran, sexan máis ou menos efectivas, pero avanzar paso a paso cara a igualdade real.”

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.