O Black Friday de Ribeira sorteará 700 euros en vales de compra

23 Novembro 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este luns os detalles da campaña local de Black Friday, destinada a impulsar o tecido comerciante e hostaleiro no marco desta iniciativa mundial de promoción que se celebra o venres 27 de novembro. Segundo fixo saber a asociación, a campaña vai dirixida a “incentivar o consumo local e mellorar a competitividade dos pequenos negocios a través de promocións comerciais”. En materia de premios á cidadanía que aposte por mercar en clave de proximidade, sortearanse 700 euros en vales de compra entre as adquisicións realizadas os días 27 e 28 de novembro nos comercios participantes na campaña. Ademais, os locais adheridos agasallarán aos seus clientes con tíckets de estacionamento de balde cun tempo de media hora.

A asociación engadiu que o mércores 2 de decembro ás 12.00 horas levarase a cabo o sorte público dos tíckets premiados no local da entidade. O galardón consistirá na contía do recibo premiado, até un máximo de 200 euros por tícket. Daranse tantos premios como tíckets saian premiados, até chegar á cantidade total do agasallo. Ademais, a cada ganador obsequiaráselle cun bono spa para dúas persoas.

A Asociación de Empresarios engadiu que nesta edición participan 34 establecementos comerciais dos sectores da hostalería, a restauración e o comercio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.