En Ribeira a Memoria da Conmemoración XI Séculos de Corrubedo fica a vivir na Biblioteca Municipal

19 Novembro 2020

A Asociación Cultural Corrubedo XI Séculos procedeu á doazón dun anuario que recolle os eventos máis importantes do 2019 acontecidos na parroquia. Esta obra xorde como conmemoración ós 1.100 anos ende a primeira referencia documental atopada sobre Corrubedo. Na mañá do 19 de novembro, o presidente da institución anteriormente citada, Antonio Freire, Flor Vidal e Francisco Sánchez Fraga cederon dous exemplares do anuario, que consta de 208 páxinas, ó concelleiro de Educación, Juan Brión.
O adro da igrexa de Corrubedo foi o escenario elixido para a conclusión da conmemoración dos once séculos. Alí, e en aninovo, os veciños tomaron as uvas para poñer fin a unha iniciativa que demostra que unha parroquia unida pode conseguir facer cousas moi bonitas que serán recordadas co paso dos anos. Un feito que poderá rememorar calquera cidadán que o desexe acudindo á Biblioteca Municipal de Ribeira.
Ademais, ó largo do ano celebráronse multitude de eventos de diferente índole, como foi a Carreira Popular XI Séculos, andainas, a elaboración dun vídeo que foi proxectado da man de MaxDron, un concurso de fotografía ou as diversas exposicións que tiveron lugar na Casa do Mar, entre outras actividades. Un dos feitos mais considerados polos veciños foi o recibimento institucional no adro da igrexa a Hanna Slater, neta do matrimonio que naufragara cun bebé sesenta anos atrás no iate Debonair.
Tras poñer o anuario en mans da Biblioteca Municipal de Ribeira, o presidente da Asociación Cultural Corrubedo XI Séculos, Antonio Freire, anunciou que a entidade desaparecerá. O presidente non quixo esquecerse dos veciños: “isto é unha demostración de todo o que se pode facer cando un pobo se une”. Ademais tivo palabras de agradecemento para o alcalde Manuel Ruiz, que formaba parte desta iniciativa.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

En Ribeira detectado un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres

Corresponden a cinco exemplares de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), dos cales catro foron recollidos en Xove e o quinto en Ribeira. A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...