En Aguiño adxudicadas as obras de beirarrúas e renovación de auga da rúa Luis Pimentel

06 Novembro 2020
Rúa Luis Pimentel Aguiño(Ribeira)

O Concello de Ribeira informa da adxudicación provisional da actuación consistente na dotación de beirarrúas e auga potable á rúa Luis Pimentel en
Aguiño.
A empresa que obtivo a mellor clasificación entre as 36 ofertas presentadas resultou ser Excavaciones Nima, S.L., conforme a unha proposta de 64.776 euros. A obra ten un prazo de execución de cinco meses, a actuación persegue a construción de beirarrúas en ambas marxes da vía e a renovación da rede de auga potable. Con tal fin efectuaranse as seguintes accións:
 Auga: substituiranse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade de 75 milímetros (con longos de 253 e 258 metros), realizándose as acometidas ás vivendas.
 Beirarrúas: serán de formigón pulido de 12 centímetros de espesor, cunhas lonxitudes tamén de 253 e 258 metros.
O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.