Cáritas de Ribeira organiza un espectáculo solidario o domingo 20

30 Novembro 2020

O domingo 20 de decembro vaise celebra en Ribeira unha importante actividade cultural e solidaria coa que mobilizar recursos e saír ao paso da grave crise sanitaria, social e económica na que están mergulladas moitas familias, agravada pola persistencia da pandemia e posta de manifesto, especialmente, nestas datas próximas ao Nadal.

Trátase dun espectáculo a favor de Cáritas Parroquial de Ribeira que está programado para o Auditorio de Ribeira, ás 19.00 horas e que incluirá o recital A emigración galega, Cancións de ida e volta, a cargo de Borja Quiza (barítono) e Fernando Briones (piano).

Ao rematar o concerto (unha escolma de cancións de compositores da nosa terra para voz e piano intercaladas con explicacións dos temas musicais en cadanseus contextos históricos e socioculturais, falando do significado das letras e dos autores), a comunidade de Cáritas realizará un sorteo de agasallos. A entrada será de balde previa recollida de convite na Parroquia de Santa Uxía, até encher o aforamento que será limitado por mor dos protocolos anti-COVID.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...