A segunda fase da remodelación da unitaria de Corrubedo, adxudicada de xeito provisional

05 Novembro 2020

O Concello de Ribeira decidiu na xunta de Goberno deste xoves adxudicar de maneira provisional a mellora envolvente térmica da antiga escola unitaria de Corrubedo e o seu acceso. Trátase da segunda fase das obras de remodelación integral deste edificio construído nos anos 50 do século XX para uso educativo e que dende a pasada década opera como centro social e cultural do pobo.

Entre as 31 ofertas presentadas, a actuación que obtivo a mellor clasificación resultou ser CYS Spania, S.L., conforme a unha proposta económica de 112.530 euros, IVE incluído. Segundo o proxecto técnico elaborado, as obras a realizar inclúen:

• A colocación dun sistema multicapa SATE ou similar con 8 centímetros de illamento térmico, composto por pranchas de poliestireno expandido de 80 milímetros de espesor, suxeitas mediante fixación mecánica e posterior colocación de malla de fibra de vidro embebida en capa de morteiro seco mineral e acabado fratasado con pintura acrílica.

• Mellora do illamento do espazo baixo cuberta e renovación de caos e baixantes de cuberta.

• Carpintería exterior: substitución da carpintaría exterior empregando aluminio anodizado.

• Mellora do espazo exterior de entrada ao edificio: a tal efecto aplicarase un pavimento de pedra silvestre abuxardada para mellorar as condicións de seguridade de acceso peonil así como as súas características ambientais. Prevese un pequeno espazo axardinado no lateral sur.

O prazo de execución son seis meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación da Coruña.

Primeira fase

A primeira fase da remodelación do centro consistiu na ampliación do centro a través da creación dunha sala de usos múltiples de 137 metros cadrados na súa parte traseira: unha obra que está afrontando o seu tramo final e supón un investimento de 105.182 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.