A Deputación inclúe nos cuartos Premios PEL un galardón para distinguir innovación anti-COVID

12 Novembro 2020

A Deputación da Coruña convocou a cuarta edición dos Premios PEL, que incluirán un recoñecemento para as iniciativas que poñan en xogo innovación anti-COVID. Repartiranse un total de 75.000 euros en premios destinados a pemes, microempresas, persoas profesionais autónomas, concellos e asociacións empresariais.

O prazo para presentar candidaturas abrirase en canto se publique a convocatoria na Base Nacional de Subvencións.

O ano pasado recibiuse unha cifra considerábel de propostas: máis de 230. Trátase dun dos certames de meirande participación e acollida na escena provincial, sinala a organización.

Os premios insírense na liña PEL-Emprende do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación. O seu obxectivo é o de “recoñecer o esforzo e implicación das empresas, das asociacións empresariais e dos concellos da provincia no desenvolvemento económico e na creación de emprego e riqueza”.

Como dixemos, nesta convocatoria repartiranse un total de 75.000 euros, con 15.000 euros para cada categoría.

Este ano, “debido a excepcionalidade da situación que estamos a vivir”, a Deputación ten en consideración dedicar un premio dirixido a aquelas iniciativas innovadoras que, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan á loita contra a COVID-19.

Deste xeito, ás cinco categorías que conforman esta nova edición son:

1ª categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial nova.

2ª categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada.

3ª categoría: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19.

4ª categoría: Premio ao concello promotor do emprego de calidade.

5ª categoría: Premio á mellor asociación empresarial.

Outros artigos

Unha persoa resulta ferida e excarcerada tras chocar cun poste en Rois

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en accidente con atrapados no Concello de Rois. Xunto Ges Padrón, 061, Garda Civil e PC Rois. Un condutor tivo que ser liberado do interior do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.