Ribeira subvencionará a contratación de 15 alumnos do obradoiro de cociña O Pote

05 Outubro 2020
O Pote Ribeira

Segundo acordo da última xunta de goberno local, o Concello de Ribeira vai financiar a contratación de ata quince alumnos ou alumnas do obradoiro de emprego de cociña O Pote que está tendo lugar dende o pasado mes de outubro de 2019 na Escola Municipal de Hostalería sita no segundo andar do mercado.
Así, segundo recollen as bases da convocatoria o propósito é propiciar a contratación a tempo completo por un período mínimo de tres meses de ata quince alumnos da devandita escola, cunha subvención fixa de 1.500 euros por traballador ata sumar unha partida de 22.500 euros. A contratación deberá comezar nos quince días seguintes á finalización deste obradoiro anual, sendo tal data de finalización o próximo 14 de novembro.
Poden ser beneficiarios destes incentivos as persoas empregadoras ou empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten (incluíndo persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens aínda que carezan de personalidade xurídica), cuxa actividade estea directamente relacionada coa especialidade de cociña e que contraten traballadores por conta allea para prestar este tipo de servizos nos seus centros de traballo.
Presentación de solicitudes
Esta mesma semana está previsto que saia esta convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia, data a partir da cal os interesados dispoñen de quince días hábiles (contados a partir do día seguinte) para formular as solicitudes de axudas no rexistro xeral do Concello.
Para calquera dúbida ou consulta, os interesados poden escribir un email a emprego@ribeira.gal.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.