O Concello de Ribeira vai retomar este luns 26 de outubro a celebración da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid-19.
No transcurso da mesma abordaranse asuntos tales como o dispositivo nos cemiterios municipais ante o próximo Día de Defuntos, posibles restricións en actividades culturais e deportivas, plan de desinfeccións e calesquera outras medidas que se estimen adecuadas en aras de combater os efectos da pandemia. A última reunión da comisión tivo lugar o 19 de xuño.
O PSdeG de Ribeira esixe un control trimestral dos acordos plenarios pendentes de execución
Os socialistas denuncian que o Goberno local emenda as súas propostas para aprobalas e despois déixaas nun caixón sen cumprir. O grupo municipal do PSdeG de Ribeira levará á vindeira sesión plenaria unha moción para instaurar un mecanismo de fiscalización periódico...



