Remata a xornada “Valorización dos recursos mariños” desenrolada pola Asociación Amicos

09 Outubro 2020

A Asociación AMICOS levou a cabo este venres a última xornada práctica da acción formativa “Valorización de recursos mariños” do proxecto INTERCOSTAS “TURISMO COSTEIRO SUSTENTABLE”, co obxecto de dar a coñecer e recuperar tradicións de Galicia, poñer en valor o noso patrimonio e aproveitar as oportunidades de emprego que o medio natural nos ofrece.

Xornada “Valorización dos recursos mariños”

Nas xornadas prácticas da acción formativa “Valorización de recursos mariños” os participantes realizaron prácticas de deseño 3D e fabricaron útiles vinculados ao sector pesqueiro empregando plásticos reciclados procedentes da limpeza de espazos costeiros.

Para a execución do proxecto INTERCOSTAS: “TURISMOS COSTEIRO SUSTENTABLE”, AMICOS contou coa colaboración da asociación andaluza “A Toda Vela” para conseguir impulsar novas oportunidades laborais no ámbito da economía azul, tentando impactar directamente na empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual, mulleres rurais, mozos menores de 35 anos, persoas inmigrantes, residentes en áreas protexidas e maiores de 45 anos en situación de desemprego, a través de 7 accións formativas gratuítas, que se desenvolveron en Andalucía e Galicia.

Xornada “Valorización dos recursos mariños”

Como resultado deste proxecto, 4 persoas téñense insertado xa no mercado laboral e as Asociacións AMICOS e A Toda Vela seguirán traballando na inserción das persoas participantes ata a data de fin do proxecto, o 30 de novembro de 2020.

Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Empleaverde, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Xornada “Valorización dos recursos mariños”

Outros artigos

Boiro presume de tecido cultural e asociativo

O Concello de Boiro organizou este venres o I Encontro do Tecido Cultural Boirense, unha xuntanza destinada a poñer en valor o labor das entidades, asociacións culturais e comisións de festas do municipio, ademais de establecer as bases para unha programación conxunta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión