O PSOE de Ribeira pide arranxar o embaldosado da rúa Romero Ortíz

06 Outubro 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentará no pleno da Corporación un rogo para avanzar no acondicionamento dunha das rúas máis deterioradas e que presenta máis problemas de seguridade de todo o núcleo urbano da cidade: a rúa Romero Ortíz. No rogo o PSdG-PSOE local pon o foco na altura dos números 60-62, onde se atopa un treito de beirarrúas que presenta graves deficiencias, concretamente no seu embaldosado, que presenta irregularidades que poden causar tropezóns e caídas entre a veciñanza, co agravante de que nos barrios do Pombal e do Queiro reside un número importante de persoas maiores.

“As baldosas que conforman a beira estanse levantando”, informan os socialistas, engadindo que esta circunstancia “pode provocar importantes lesións de diversa índole, algunhas de gravidade”. En virtude de todo o devandito, o grupo solicita que “por parte de quen corresponda”, se dea orde para “efectuar a reparación de ditas baldosas da beirarrúa, co fin de solucionar os problemas de golpes e lesións que están causando”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...